Nova

Martina Aneiros participa xunto a escolares da cidade na xornada adicada aos produtos da ría ferrolá

1 de 4
2 de 4
3 de 4
4 de 4

Ferrol, 8 de xuño de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu hoxe na Sala Curuxeiras á Xornada de Degustación e Showcooking organizada pola Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol. O evento tivo como público ao alumnado do CPR San Rosendo.

Ademais da degustación de varias receitas elaboradas con produtos da ría, a actividade incluíu un showcooking a cargo da chef do Grupo Nove, Beatriz Sotelo.

Esta iniciativa está incluída no proxecto de promoción da Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol financiado a través da estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) do GALP Golfo Ártabro Norte.

Imaxes relacionadas