Nova

A Xunta reúnese coa Asociación Nacional de Mulleres da Pesca no marco da escoita activa co sector

1 de 1

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2026

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, reuniuse coa presidenta da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca), Pilar Otero. O encontro estivo centrado na análise da situación actual da actividade marítimo-pesqueiro e no impulso de medidas orientadas á súa igualdade e profesionalización.

Ambas as partes coincidiron na importancia de reforzar a visibilidade das mulleres da pesca, impulsar a formación e favorecer a colaboración co tecido asociativo para avanzar cara a un sector máis sostible e inclusivo. A xuntanza permitiu afondar na colaboración e na avaliación dos principais retos que afrontan as profesionais do mar en Galicia e no conxunto do Estado.

Imaxes relacionadas