Nova

O ‘Movemento azul’ da Xunta chega ao CEIP A Xunqueira de Pontevedra para descubrir as oportunidades profesionais no ámbito marítimo-pesqueiro

1 de 4
2 de 4
3 de 4
4 de 4

A conselleira do Mar, Marta Villaverde amosa aos escolares dun xeito didáctico a importancia da economía azul e a protección do medio mariño

Pontevedra, 12 de xuño do 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou este venres, xunto aos alumnos do CEIP A Xunqueira número 1 de Pontevedra, na iniciativa Un Mar de Profesións, enmarcada no proxecto Movemento Azul, que impulsa a Xunta para achegar a mocidade galega ao ámbito marítimo-pesqueiro e dar a coñecer as oportunidades de futuro que ofrece este sector estratéxico para Galicia.

O colexio pontevedrés é un dos centros da comunidade que acolle esta acción formativa e que permite aos escolares descubrir, dunha maneira práctica e didáctica as distintas profesións vinculadas á pesca e ao marisqueo, así como á investigación científica e á navegación.

Villaverde trasladou a importancia desta acción que tamén ten por obxectivo de espertar o interese dos rapaces na economía azul e a protección do medio mariño. Ao remate da xornada, todos os participantes recibiron o Pasaporte de profesión do mar, un documento simbólico que acredita a súa participación nesta experiencia educativa e que recolle os coñecementos adquiridos sobre os diferentes oficios vinculados ao sector marítimo-pesqueiro.

Imaxes relacionadas