Nova

Villaverde promove en Ourense o consumo de mexillón entre a cativada co programa ‘Mexillón de Galicia nas aulas’

1 de 3
2 de 3
3 de 3

A conselleira do Mar participou na actividade desenvolvida no CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, incluída no convenio subscrito coa DOP

Xunqueira de Ambía (Ourense), 16 de xuño de 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou hoxe na xornada ‘Mexillón de Galicia nas Aulas’, organizada pola DOP Mexillón de Galicia no CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, unha iniciativa que se inclúe no convenio subscrito entre dita Denominación de Orixe e a Xunta para fomentar o consumo deste molusco nos comedores escolares.

A responsable autonómica visitou este centro ourensán e puido comprobar en persoa o cociñado das distintas receitas de mexillón que posteriormente degustarían os máis pequenos. Tamén participou na explicación didáctica sobre as características e propiedades do bivalvo.

O encontro forma parte do conxunto de accións que recolle a colaboración, destinada á mellora da comercialización do mexillón certificado. A Consellería do Mar busca así motivar ao alumnado de Infantil e Primaria para que inclúan na súa dieta diaria produtos das rías galegas que destacan pola súa frescura, calidade e valor nutricional.

Imaxes relacionadas