Nova

Villaverde destaca las fortalezas de los productos del mar gallegos durante la XXVI edición del Congreso AECOC

1 de 2
2 de 2

A conselleira do Mar distingue Galicia coma principal potencia marítimo-pesqueira de Europa e aposta por iniciativas que fomenten confianza do consumidor e a captación do talento

O ‘26º Congreso AECOC de Productos del Mar’ reuniu numerosos responsables nos procesos da cadea de valor para analizar as tendencias e desafíos do sector marítimo

Baiona (Pontevedra), 16 de xuño de 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou hoxe na inauguración do ‘26º Congreso AECOC de Productos del Mar’, un evento que reúne numerosas empresas que forman parte da cadea de valor do sector do mar, fronte os que destacou a vantaxe que nos ofrecen os peixes e mariscos galegos.

A conselleira do Mar explica que a fortaleza dos nosos produtos para o consumidor reside principalmente en que son alimentos saudables e de calidade recoñecida, e distingue Galicia coma “principal potencia marítimo-pesqueira en Europa” grazas a “activos moi valiosos para competir nun mercado cada vez máis esixente”, entre os que destacan iniciativas como PescadeRías, Galicia Calidade ou a Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia.

Villaverde recalca que, ademais dos produtos o sector tamén depende das persoas, polo que é preciso “seguir apostando pola formación, a innovación e a captación do talento” do sector. Con iniciativas coma Movemento Azul, Xeración Peixe ou Mexillón de Galicia nas Aulas, a Consellería do Mar consigue achegar o mar ós mais pequenos e que descubran as oportunidades profesionais que ofrece a cadea do mar-industria.

A AECOC

O marco do ‘Congreso AECOC de Productos del Mar’ permite ós profesionais do sector ter un espazo para intercambiar ideas e explorar posibles proxectos, ademais de compartir o coñecemento e poder abordar con éxito as dificultades que poidan xurdir.

A Consellería do Mar recoñece a importancia deste espazo de conversa e colabora en coofinanciamento coa Unión Europea coa  na súa organización dende o 2014.

Marta Villaverde destaca o consumidor como elemento central do sector mariño e remara a importancia de “seguir traballando xuntos” entre os protagonistas da cadea de valor, grazas os cales fanse posible as actividades marítimo-pesqueiras.

Imaxes relacionadas