Nova

A Xunta impulsa a sementeira de 1,5 millóns de ameixas coa Confraría de Barallobre

1 de 4
2 de 4
3 de 4
4 de 4

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe nas inmediacións do edificio da Confraría nos traballos de rexeneración

Fene (A Coruña), 18 de xuño de 2026

A Xunta destina este ano máis de 104.000 euros en axudas á Confraría de Pescadores de Barallobre para proxectos de restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños. Esta achega serviu ao pósito para financiar a compra de sementes e de material específico para a realización dos traballos de sementa.

No marco deste proxecto, a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe xunto ao patrón maior da confraría, Jorge López, na sementeira de 1,5 millóns de unidades de ameixa babosa fronte aos edificios da Confraría e da Lonxa, en terreos intermareais

Tal e como indicou a delegada territorial, estas axudas da Consellería do Mar, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), teñen o obxectivo de manter o noso ecosistema mariño e a súa biodiversidade, “da que tanto bebe a economía galega a través da pesca e o marisqueo”, e conservalo mediante actividades marisqueiras sustentables “para que o mar siga sendo un motor para Galicia”, indicou.

Imaxes relacionadas