Nova

Villaverde insiste na necesidade de fomentar a remuda xeracional nas profesións azuis durante unha etapa da XI edición do ‘Camino a vela 2026’

1 de 4
2 de 4
3 de 4
4 de 4

Ferrol, 21 de xuño de 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, realizou hoxe a etapa entre Ferrol e A Coruña no marco da XI peregrinación internacional Travesía ‘El Camino a Vela’, organizada por North Marinas, que partiu de La Rochelle (Francia) e que se dirixe a Santiago de Compostela. Neste ano, a iniciativa dedícase ao impulso das profesións azuis e á remuda xeracional nas mesmas.

A conselleira do Mar resaltou a importancia de iniciativas coma esta para dar a coñecer a cultura mariñeira e achegar o sector do mar aos mozos, promovendo non só un turismo azul sostible senón tamén a economía local dos municipios costeiros polos que pasa, nos que se pon en valor a súa gastronomía, o patrimonio mariñeiro e a hospitalidade galega cos peregrinos.

Imaxes relacionadas