Nova

Martina Aneiros destaca os máis de 10,3 M€ destinados ás Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo durante un encontro coa xerente do GALP Golfo Ártabro Norte

1 de 1

Ferrol, 19 de xuño de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa xerente do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte, Tamara Tilve, coa que avaliou os proxectos presentados ao amparo da última convocatoria das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027.

A representante autonómica lembrou que o GALP Golfo Ártabro Norte, ao que están adscritos os municipios de Ferrol, Narón, Fene, Mugardos, Ares, Neda, Cabanas e Pontedeume, ademais dos de Miño e Paderne, é o encargado de xestionar no territorio estes fondos europeos.

Durante a reunión Aneiros subliñou a recente ampliación do crédito orzamentario para as EDPL. Desta maneira, o crédito destinado a financiar as solicitudes de axuda tramitadas en 2026 e 2027 crece por un importe de máis de 3,4 M€, facendo que o orzamento total ascenda a máis de 10,3 M€.  

Imaxes relacionadas