Nova

Portos de Galicia outorga ao Concello de Pontecesures unha prórroga na xestión da piscina ata 2028

1 de 1

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2026

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, outorgou ao Concello de Pontecesures unha prórroga na xestión da piscina municipal ata o ano 2028. Este equipamento de uso público atópase en terreo de titularidade portuaria e está xestionado polo Concello a través dunha concesión administrativa.

O Concello de Pontecesures ten en vigor o título actual para a explotación da piscina pública desde xuño de 2021 e o prazo de vixencia remataría inicialmente este mes, polo que tramitou ante Portos de Galicia esta primeira prórroga, que permitirá ampliar o período por dous anos máis.

Ademais da propia piscina, a concesión abrangue os edificios auxiliares polo que o total da superficie portuaria ocupada polo Concello para este fin ascende a máis de 550 metros cadrados. Portos de Galicia enmarca este trámite dentro da colaboración institucional entre as administracións con competencias nas vilas portuarias e no eixo de traballo estrutural do ente público para a integración porto-cidade.

Imaxes relacionadas