Nova
Mar reúnese con representantes de Estaleiros do Ulla na rolda de contactos que mantén co sector
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2026
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse hoxe con Estaleiros do Ulla no marco da rolda de contactos co sector. O encontro serviu para analizar as oportunidades que ofrecen as distintas liñas de apoio da Xunta orientadas á modernización da frota galega, con especial atención ás embarcacións vinculadas á actividade acuícola.
Precisamente, o responsable autonómico trasladou o compromiso do Goberno galego co impulso de actuacións que contribúan a reforzar a competitividade do sector marítimo-pesqueiro mediante a incorporación de novas tecnoloxías, a mellora da eficiencia enerxética, o incremento da seguridade a bordo e a redución do impacto ambiental das embarcacións.