Nova

Natalia Botana aborda co presidente da Federación de Confrarías de Pontevedra as principais liñas de traballo nos portos da provincia

1 de 1

Pontevedra, 7 de xullo de 2026

 A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, mantivo esta mañá unha reunión institucional co presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, José Manuel Rosas, quen é tamén patrón maior da confraría de Bueu. No encontro, celebrado na sede do ente público en Pontevedra, abordáronse os eixos de traballo prioritarios para a presidencia do ente público que Botana ostenta desde o pasado 17 de xuño.

A reunión co presidente da Federación de Confrarías de Pontevedra enmárcase na rolda de primeiros encontros institucionais da presidenta de Portos de Galicia, que días atrás iniciou co presidente da federación galega de confrarías e patrón maior de Ribeira e co presidente da federación provincial da Coruña e patrón maior de Muros. Nas vindeiras datas Botana recibirá tamén ao presidente da federación provincial de Lugo así como aos principais representantes do sector náutico recreativo e operadores portuarios.

Durante a reunión desta mañá puxéronse en común as principais liñas de actuación de Portos de Galicia para os portos de Pontevedra así como as problemáticas e necesidades dos colectivos profesionais e as vías de traballo da administración portuaria para continuar a darlles resposta. Ambas partes coincidiron na evolución positiva das instalacións e a vontade de traballo conxunto e coordinado para avanzar nesta liña. A presidenta de Portos reiterou a súa vontade de coordinar co sector as principais liñas de actuación para que os portos sirvan de valor engadido á actividade produtiva dos profesionais do mar.

Imaxes relacionadas