Nova

Arranca unha nova edición da campaña 'Cata la lata' de Anfaco-Cytma, apoiada pola Xunta

1 de 6
2 de 6
3 de 6
4 de 6
5 de 6
6 de 6

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, participou na presentación

Nigrán (Pontevedra), 7 de xullo de 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, participou hoxe en Nigrán na presentación da campaña 'Cata la lata', unha iniciativa impulsada por Anfaco-Cytma que conta co apoio da Xunta para promover o consumo de conservas de peixe e marisco e reforzar o posicionamento da industria transformadora galega.

Durante o acto, Rosón puxo en valor o compromiso do Goberno galego cun sector estratéxico para a economía da comunidade e líder en Europa na transformación e comercialización de produtos do mar. Neste sentido, destacou a importancia da colaboración entre as administracións e o sector para impulsar o consumo de conservas, achegar estes produtos a novos perfís de consumidores e seguir fortalecendo a imaxe de calidade e excelencia da industria conserveira galega.

No marco desta campaña, unha foodtruck identificada co lema 'Cata la lata' percorrerá diferentes localidades galegas ofrecendo degustacións gratuítas de conservas de peixe e marisco. A iniciativa incluirá tamén demostracións de receitas sinxelas e saudables, así como actividades divulgativas orientadas a dar a coñecer os beneficios nutricionais destes produtos e fomentar o seu consumo entre a cidadanía.

Imaxes relacionadas