Nova
A Xunta destaca a importancia dos produtos galegos durante unha reunión co sector
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2026
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse hoxe con membros da Organización de Produtores Ostreícolas de Galicia (Opoga) para coñecer a realidade do sector de primeira man e abordar as necesidades produtivas do grupo.
Esta xuntanza enmárcase nas liñas de atención ao colectivo da cadea do mar-industria galega que segue a Consellería do Mar mediante unha escoita directa ao sector. O director xeneral mostrou o seu compromiso coa industria da alimentación, estratéxica para a economía e que ofrece grandes oportunidades para Galicia, destacando na promoción e recoñecemento da marca Galicia Calidade.