Nova

A Xunta destaca na XXXIV Festa do polbo de Mugardos o valor deste produto como recurso estratéxico de Galicia

1 de 5
2 de 5
3 de 5
4 de 5
5 de 5

Mugardos (A Coruña), 11 de xullo de 2026

O director xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Isaac Rosón, participou este sábado na XXXIV Festa do Polbo de Mugardos, declarada de Interese Turístico de Galicia.

Durante o encontro, Rosón destacou a importancia destas citas gastronómicas como escaparate para difundir a calidade dos produtos do mar de Galicia. Neste sentido, subliñou que o polbo constitúe un dos recursos de maior relevancia económica e social para o sector pesqueiro galego, o que pon en valor, dixo, “a necesidade de compatibilizar o seu aproveitamento cunha xestión responsable e sustentable, que garanta a súa conservación e contribúa a asegurar a súa dispoñibilidade para as xeracións futuras”.

Imaxes relacionadas