Nova
Marta Villaverde e María Allegue participan no Día do Carmen no porto de Vigo
Vigo, 11 de xullo de 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Allegue, participou hoxe nos actos organizados con motivo da celebración do Día do Carmen no Porto de Vigo, unha cita de especial significado para a comunidade marítimo-pesqueira galega, e que tamén contou coa asistencia da presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana.
Durante a xornada, as responsables autonómicas acompañaron aos profesionais do sector pesqueiro, marítimo e portuario nos diferentes actos relixiosos e na tradicional procesión marítima, na que destacou o papel dos homes e mulleres do mar e a importancia de preservar as tradicións que forman parte da identidade das vilas costeiras galegas.