Nova

Villaverde asiste aos actos do Día do Carmen da confraría de Baiona

1 de 3
2 de 3
3 de 3

Baiona (Pontevedra), 12 de xullo de 2026

A conselleira do Mar participou este domingo nos actos conmemorativos do Día do Carmen, organizados pola confraría de Baiona, unha celebración de fonda tradición mariñeira que rende homenaxe á patroa das xentes do mar e pon en valor o papel esencial do sector pesqueiro e marisqueiro na economía e na identidade da vila.

A responsable autonómica acompañou así aos representantes do pósito, ás autoridades locais, aos profesionais do mar e aos veciños e veciñas na cerimonia relixiosa e institucional, que incluíu a Misa solemne e a tradicional procesión marítima na honra á Raíña do Mares.

Imaxes relacionadas