Nova

A Xunta reúnese con Asnauga para avanzar nas necesidades do sector marítimo

1 de 2
2 de 2

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2026

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, e o director da Asociación de Náuticos de Galicia (Asnauga), Javier Ruíz de Cortázar, reuníronse hoxe para analizar as distintas necesidades do sector, avanzando na formación e nas competencias náuticas, para capacitar o capital humano como un factor clave para garantir a excelencia nos peiraos galegos.

Este encontro enmárcase nas liñas de atención ao colectivo que leva a cabo a Consellería do Mar mediante a escoita activa para abordar os retos do sector. Ángeles V. Suárez destacou a importancia da formación coma forma de especialización pero tamén coma un xeito de avanzar cara a remuda xeracional e a profesionalización dos empregos do mar.

Imaxes relacionadas