Nova

Mar continúa a rolda de contactos co sector nunha nova reunión coa confraría de Pontedeume

1 de 2
2 de 2

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2026

Os directores xerais de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica e de Desenvolvemento Pesqueiro, Isaac Rosón e Ángeles V. Suárez, respectivamente, mantiveron este martes unha reunión con representantes da confraría de Pontedeume, no marco da rolda de contactos que a Consellería do Mar está a desenvolver co sector para manter un diálogo directo e permanente cos seus profesionais.

Durante o encontro abordouse a situación do marisqueo a flote na zona, analizando a súa evolución e intercambiando impresións sobre os principais retos e necesidades desta actividade.  A xuntanza serviu tamén para facer seguimento das distintas liñas de colaboración existentes entre a Administración autonómica e os pósitos, co obxectivo de reforzar a sustentabilidade social, económica e ambiental da actividade marítimo-pesqueira e favorecer a súa competitividade e viabilidade futura.

Imaxes relacionadas