Nova

Rueda demanda que o atún quede excluido do acordo comercial entre a UE e Tailandia para reducir “o gran impacto” que tería na industria conserveira galega

1 de 4
2 de 4
3 de 4
4 de 4

Salienta que se trata dun sector “estratéxico” para a economía da comunidade e referente a nivel europeo

Defende os esixentes requisitos que se lle piden a nivel de sostibilidade e garantía laboral á industria pesqueira en Europa

Pontevedra, 28 de marzo de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia de que o atún quede excluído do tratado comercial que a Unión Europea está negociando con Tailandia para reducir “o gran impacto” que podería ter na industria conserveira galega, “un sector estratéxico” na economía da comunidade.

Durante un encontro coa xunta directiva de Anfaco-Cecopesca, no que estivo acompañado do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, o presidente autonómico trasladou a entidade o compromiso do Executivo galego “en facer todo o posible” para protexer os intereses dun sector que “é o máis potente de España e de Europa”. 

Nesta liña, lembrou que a industria pesqueira de Tailandia e a UE non traballan en igualdade de condicións polo que apostan por no permitir a libre exportación de atún desde o país asiático cara Europa.  “Os requisitos na Unión Europea son moi esixentes en materia de sostibilidade, garantías laborais ou respecto ecolóxico e iso temos que mantelo”, indicou Rueda. 

 

Imaxes relacionadas