Nova

Mar destaca a aposta de Porto-Muíños pola diversificación na explotación dos recursos pesqueiros

1 de 1

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica visitou a planta que este grupo empresarial ten en Cerceda

Cerceda (A Coruña), 2 de decembro de 2025

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, visitou este martes a empresa Porto-Muíños,  considerada un referente no uso da innovación e a investigación para a explotación sostible dos recursos marítimo-pesqueiros.

O encontro serviu para coñecer a aposta que está a realizar este grupo empresarial pola diversificación da produción, así como a ampla oferta que ten no mercado con alimentos de gran calidade, sabor e con propiedades nutricionais excepcionais. De feito, esta entidade conta co selo Artesanía Alimentaria.

Pioneira en España no cultivo de algas mariñas, acción pola que recibiu distintos premios, esta entidade traballa desde a transformación do produto ata a divulgación  das súas propiedade nutricionais. Na actualidade, vende a países dos cinco continentes unha trintena de especies recollidas á man e de forma sostible na costa galega, así como outro tipo de produtos conserveiros como ovas de ourizo, fígado de rape, mexillóns con algas ou ortiguillas de mar.

Imaxes relacionadas