Nova
Villaverde asiste ao partido de baloncesto entre CB Breogán e Baxi Manresa con motivo do `Día do Mar`
Lugo, 28 de marzo do 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu esta tarde, con motivo do Día do Mar, ao partido da máxima categoría de baloncesto masculino no que se enfrontaron o CB Breogán e o Baxi Manresa, patrocinado pola Consellería do Mar.
Villaverde puxo en valor este tipo de accións, xa que afondan na promoción e recoñecemento dos produtos das rías galegas e dun sector que é estratéxico para o desenvolvemento socioeconómico da comunidade e tamén da provincia de Lugo. “Debemos lembrar que A Mariña alberga dous dos portos pesqueiros máis importantes de Galicia e do noroeste peninsular”, subliñou a conselleira.
A responsable autonómica felicitou ao club lucense pola iniciativa, que amosa como “a través do deporte tamén se pode profundar nas bondades do litoral, dos produtos que ofrece ao consumidor e na importancia da súa conservación”.