Nova

Villaverde participa na procesión do Santo Enterro de Cangas, declarada de Interese Turístico Galego

1 de 5
2 de 5
3 de 5
4 de 5
5 de 5

Cangas (Pontevedra), 3 de abril do 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou este Venres Santo na procesión do Santo Enterro de Cangas, declarada de Interese Turístico Galego e que é un dos actos centrais da Semana Santa desta localidade mariñeira.

A responsable autonómica acompañou ás autoridades locais e aos fieis ao longo dun percorrido marcado pola solemnidade e o recollemento, propios desta conmemoración. Villaverde amosou a súa satisfacción por formar parte da comitiva nunha festividade que, ademais da súa dimensión espiritual, contribúe á dinamización das vilas costeiras, ao tempo que reforza a proxección das tradicións e da identidade cultural das comunidades vinculadas ao mar.

Imaxes relacionadas