Nova

Belén do Campo participa na celebración relixiosa na igrexa parroquial de San Jorge con motivo da festividade do Carme

1 de 5
2 de 5
3 de 5
4 de 5
5 de 5

A Coruña, 16 de xullo de 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu esta mañá á celebración relixiosa que tivo lugar na igrexa parroquial de San Jorge con motivo da festividade da Nosa Señora do Carme, organizada pola Venerable e Ilustre Confraría da Nosa Señora do Carme e da Aurora da Coruña, unha das celebración máis emblemáticas da cidade.

Esta festividade está profundamente vencellada á tradición mariñeira da cidade e de Galicia, e mantense viva grazas ao traballo que desenvolve a confraría para preservar e promover unha celebración que forma parte do patrimonio cultural e relixioso coruñés.

Imaxes relacionadas