Nova

Villaverde recoñece a traxectoria das xentes do mar en Muros durante os actos de celebración do Carme

1 de 5
2 de 5
3 de 5
4 de 5
5 de 5

Muros (A Coruña), 17 de xullo de 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou hoxe nos actos solemnes organizados en Muros con motivo das festividades na honra da Virxe do Carme. A titular autonómica asistiu ao mediodía ao acto relixioso na Igrexa Parroquial de Muros, unha emotiva cerimonia en memoria dos mariñeiros falecidos no mar, e posteriormente desprazouse ata o edificio da antiga Fábrica de Sel para presidir a XXXIII Homenaxe aos/as xubilados e xubiladas do mar de Muros.

Durante o encontro de recoñecemento, Villaverde enxalzou a fortaleza, dedicación e o legado incalculable dos profesionais que dedicaron a súa vida ao sector marítimo-pesqueiro galego. Ademais, subliñou que estas homenaxes serven para poñer en valor o esforzo de xeracións enteiras que situaron Galicia como referente pesqueira, e reafirmou o compromiso da Xunta para seguir apoiando e garantindo o futuro dun sector que constitúe o motor socioeconómico das comunidades costeiras.

Imaxes relacionadas