Nova
A presidenta de Portos de Galicia aborda coa alcaldesa de Cervo as prioridades de actuación no peirao de San Cibrao
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2026
A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, mantivo esta mañá unha reunión coa alcaldesa do municipio lucense de Cervo, Dolores García, para abordar as prioridades de actuación no porto de San Cibrao. No encontro, ambas mandatarias coincidiron na boa disposición para traballar de xeito coordinado polo desenvolvemento das infraestruturas portuarias do municipio.
Botana e García afondaron nas posibles vías de colaboración para sacar adiante proxectos que melloren as instalacións e os servizos do porto de San Cibrao, tanto a nivel das infraestruturas viarias como dos inmobles que acollen actividades portuarias. Ambas administracións destacaron o bo entendemento e comprometeron o traballo conxunto para garantir o mantemento e conservación das instalacións existentes e planificar futuros investimentos.