Nova
A Xunta pon en valor o patrimonio inmaterial vinculado á cultura mariñeira nas celebracións na honra de San Pedro Pescador
Vigo, 21 de xullo de 2026
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, asistiu hoxe aos actos na honra de San Pedro Pescador na igrexa de San Miguel de Bouzas. O evento forma parte das tradicións máis senlleiras dunha vila cun histórico vínculo coa actividade pesqueira e cun rico patrimonio inmoble que a sitúa como unha das Áreas Nai do Plan de Cultura Marítima de Galicia (Pcuma).
Esta riqueza patrimonial compleméntase con celebracións populares que constitúen un valioso patrimonio inmaterial, expoñente do estreito lazo da comunidade co mar. Coa súa presenza, o Goberno galego reafirma o seu compromiso coa preservación destas tradicións, fundamentais para manter viva a identidade e a memoria das vilas costeiras.