Nova
Villaverde preside a reunión anual do padroado da Fundación Marinnleg
Vigo, 23 de xullo de 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu hoxe a reunión do padroado da Fundación Marinnleg, na que se aprobaron as contas do exercicio anterior e tamén se abordaron as actividades que se está desenvolvendo na actualidade esta entidade público-privada.
Marinnleg foi creada para co obxecto de contribuír a un desenvolvemento socio-económico sostible da economía produtiva do sector marítimo-pesqueiro galego, ademais de participar activamente nas tarefas de fomento e transferencia do coñecemento xurídico neste ámbito. Para iso, realiza actividades como asesoramento, formación especializada, investigación ou recompilación de información e datos.