Nova

A Xunta súmase á devoción mariñeira do Porto do Son na festa da Virxe do Carme

1 de 2
2 de 2

O Porto do Son (A Coruña), 8 de setembro de 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, e a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participaron nos actos na honra da Virxe do Carme do Porto do Son, que comezaron coa procesión terrestre desde a capela da Atalaia ata a explanada portuaria, onde se celebrou a misa e se realizou unha ofrenda en recordo das persoas que perderon a vida no mar. A ofrenda realizouse baixo carpa situada no porto, porque a choiva impediu a saída da procesión marítima.

As conselleiras, acompañadas polo alcalde do Porto do Son, Luis Oujo, destacaron a forte vinculación desta celebración coa identidade mariñeira do Porto do Son e coa historia das familias que durante xeracións fixeron do mar o seu medio de vida. Villaverde puxo en valor a conservación destas tradicións, expresión da devoción á patroa das xentes do mar, do recordo aos mariñeiros falecidos e do recoñecemento ao traballo diario dos profesionais do sector marítimo-pesqueiro.

Imaxes relacionadas