Nova

Villaverde presenta en Madrid o primeiro Censo Galego do Patrimonio Marítimo Inmoble e as Áreas Nai, no marco do plan da Cultura Marítima de Galicia

1 de 3
2 de 3
3 de 3

Madrid, 15 de setembro de 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou hoxe, na Casa de Galicia en Madrid, no acto Galicia, mar e memoria, no que se presentou o primeiro Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia e as Áreas Nai ou Espazos de Interese Cultural Marítimo, dúas ferramentas impulsadas pola Xunta no marco do Plan da Cultura Marítima de Galicia (PCUMA) para conservar, protexer e difundir o patrimonio vinculado ao mar. O Censo permitiu inventariar e documentar 1.452 bens patrimoniais, tras un traballo de campo de case tres anos no que se percorreron máis de 24.000 quilómetros e se identificaron 83 tipoloxías patrimoniais.

Durante a súa intervención, Villaverde salientou que estas iniciativas permiten avanzar na posta en valor dunha cultura marítima que forma parte esencial da identidade galega e facilitarán tanto a protección e o estudo dos bens como a súa divulgación dentro e fóra da comunidade. A titular de Mar reafirmou, ademais, o compromiso da Xunta con seguir recuperando, preservando e dando visibilidade ao noso patrimonio marítimo.

Imaxes relacionadas