Nova
Portos de Galicia mellorará as escaleiras e varandas de uso profesional no peirao de Aguiño, en Ribeira
A presidenta do ente público reuniuse co patrón maior da confraría da localidade para planificar melloras nesta dársena
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2026
A Consellería do Mar a través de Portos de Galicia renovará as escaleiras e varandas de uso profesional do peirao de Aguiño, no municipio coruñés de Ribeira. Así llo trasladou a presidenta do ente público, Natalia Botana, ao patrón maior da confraría de pescadores da localidade, José Antonio Santamaría, nunha reunión na sede do organismo portuario en Santiago.
Botana informou a Santamaria de que estas melloras executaranse no marco das tarefas de mantemento e conservación das infraestruturas portuarias que realiza o ente público de xeito recorrente. As novas actuacións sumaranse ás recentes renovacións de defensas e varandas xa executadas en fases anteriores.
Ademais, durante o encontro ambas partes abordaron as prioridades de investimento en novas infraestruturas para o porto de Aguiño a medio prazo. A presidenta de Portos indicou que o ente público buscará alternativas para a ordenación da flota na lámina de auga e estudiará a posibilidade de dotar de espazos de almacenaxe aos mariñeiros que traballan neste peirao.