Nova

A Xunta e o Concello de Outes avalían melloras nas infraestruturas do porto do Freixo e a promoción dos produtos da ría

1 de 2
2 de 2

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada pola presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, mantivo un encontro co alcalde de Outes, Francisco Calo, para abordar as principais necesidades e proxectos de mellora nas instalacións portuarias do municipio. Na xuntanza tratouse o proxecto de asfaltado e reforzo do firme nas vías e explanadas do porto do Freixo —que conta cun orzamento previsto de 85.000 euros dentro do plan global de firmes que Portos licitará proximamente, así como a renovación do convenio de colaboración municipal dirixido a reordenar os estacionamentos e humanizar a contorna portuaria.

Durante a reunión tamén se analizaron as necesidades de reforzo da seguridade na zona dos pantaláns e as propostas técnicas para unha posible ampliación de prazas para a sétima lista. Así mesmo, abordouse a cooperación institucional na promoción dos produtos pesqueiros locais, logo de que a Consellería colaborase na última Festa de Exaltación dos Produtos da Ría.

Imaxes relacionadas