Nova

A Xunta e a Confraría da Coruña avanzan na recuperación dos bancos marisqueiros da ría do Burgo coa entrega de 167.000 exemplares de ameixa xaponesa

1 de 4
2 de 4
3 de 4
4 de 4

A Coruña, 29 de setembro do 2026

A Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores da Coruña avanzaron hoxe na recuperación dos bancos marisqueiros da ría do Burgo coa entrega de 167.000 unidades de semente de ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum). A actuación forma parte dos traballos impulsados co pósito para favorecer a restauración e conservación dos bancos submareais desta zona.

A semente subministrada, cun peso total de 59 quilos e unha talla media de 12,5 milímetros, foi producida polo Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA) e preengordada no pantalán do Vicedo antes da súa entrega á confraría. Os exemplares foron introducidos polos mariscadores en pochóns e posteriormente colocados nas mesas de cultivo situadas no antigo Parque do Estado, no banco de A Baixada, onde continuarán o seu proceso de preengorde. A actuación intégrase no proxecto de restauración e conservación dos bancos submareais da ría do Burgo promovido pola Confraría de Pescadores da Coruña.

Imaxes relacionadas