Nova

Portos de Galicia e o Concello de Cedeira acordan a proposta para reverter ao Estado o Paseo da Marina

1 de 2
2 de 2

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2026

Portos de Galicia e o Concello de Cedeira acordaron esta mañá a proposta definitiva para a reversión ao Estado dos terreos innecesarios para a actividade portuaria no municipio. Así quedou de manifesto na reunión celebrada esta mañá entre a presidenta do ente público, Natalia Botana, e o alcalde, Pablo Diego Moreda, na sede do ente público. No encontro, ambas administracións consensuaron a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade da Administración Xeral do Estado para que esta o transfira ao Concello de Ribeira dado o seu uso veciñal, de carácter público, e non restrinxido á actividade portuaria. En concreto, no caso do porto de Cedeira, os terreos que Portos de Galicia propón devolver ao Estado abranguen o total do Paseo da Marina.

A reunión co Concello de Cedeira dá continuidade ás celebradas cos de Corcubión, Viveiro, Ribeira,  Pontecesures, Fisterra e Cariño, enmarcadas na terceira e última fase do proceso polo que Portos de Galicia está a remitir á Administración Xeral do Estado as propostas de reversión daqueles municipios que solicitaron a titularidade de terreos portuarios de uso público. A Xunta remitiu xa nos meses de abril e setembro de 2025 as propostas aprobadas polo Consello do Executivo galego e consensuadas, na primeira e segunda fase con 17 dos 25 municipios que o solicitaron. Unha vez remitidas, a Administración estatal é a que ten competencia na materia para decidir sobre a reversión e, no seu caso, transferencia aos concellos. A día de hoxe, Portos de Galicia segue sen ter constancia de decisión algunha do Goberno central ao respecto.

Imaxes relacionadas