Nova

Villaverde participa na presentación pública da alianza entre o Celta e Conxemar

1 de 5
2 de 5
3 de 5
4 de 5
5 de 5

Vigo, 1 de outubro de 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou hoxe en Vigo na presentación pública da alianza estratéxica entre o RC Celta e Conxemar, celebrada no estadio de Balaídos. No acto estiveron tamén a presidenta do club, Marián Mouriño; o presidente de Conxemar, Eloy García Alvariza; e a directora territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz.

A alianza prevé accións conxuntas nos ámbitos da internacionalización, a promoción dunha alimentación saudable, a sustentabilidade e a difusión da Feira Internacional Conxemar.

Imaxes relacionadas