Nova

Rueda destaca o gran escaparate que supón Conxemar para consolidar Galicia como potencia pesqueira e transformadora dos produtos do mar

Icono cerrar

Intervención do presidente

1 de 8
2 de 8
3 de 8
4 de 8
5 de 8
6 de 8
7 de 8
8 de 8

Salienta que “consolida Vigo como porto base dos negocios globais” no eido marítimo

Resalta que a comunidade é líder en España ao concentrar o 34% das empresas deste sector e o 48% da facturación

“O futuro de Galicia pasa, en gran parte, polo futuro da industria marítima”, resalta

Lembra o compromiso da Xunta con promocionar os produtos das rías galegas, frescos e conxelados, para chegar a máis consumidores

O Goberno galego exixe medidas para manter unha pesca europea sostible e garantir a soberanía e seguridade alimentaria no continente

Sitúa ao sector pesqueiro como exemplo da Galicia Calidade que identifica á comunidade

Vigo, 6 de outubro de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou á XXVII Feira Conxemar como un gran escaparate da potencia pesqueira, industrial e transformadora de produtos do mar que é Galicia a nivel mundial. Ademais, salientou a oportunidade que supón para o sector á hora de facer negocios, “establecer relacións comerciais, humanas e abrir novos mercados”.

Durante a súa intervención na Feira Internacional de produtos do mar conxelados, que se celebrará ata o xoves en Vigo, o presidente lembrou que este encontro -que reúne a conxeladores, transformadores, distribuidores e industria auxiliar de todo o mundo-, permite consolidar Galicia como referente na industria do mar e “consolidar Vigo como o verdadeiro porto base dos negocios globais, vencellados ao mar, nos cinco continentes”. Ademais, resaltou que Galicia concentra o 34% das empresas de transformación de produtos pesqueiros de España e o 48% da facturación total.

O presidente situou á industria do mar galega como exemplo da Galicia Calidade que define e singulariza á comunidade, resaltou o compromiso da Xunta con apoiar a un sector clave para a economía galega á hora de afrontar os novos retos e desafíos como unha maior competencia internacional ou o cambio de hábitos de consumo. “Sempre imos remar a favor dos nosos produtos pesqueiros. Aquí está gran parte do noso futuro e da nosa economía. O futuro de Galicia, pasa en gran parte, polo futuro da industria marítima”, indicou.

Nesta liña, lembrou que Galicia leva tempo defendendo medidas a nivel europeo para garantir a viabilidade e sostenibilidade da pesca no continente a futuro e manter a soberanía e seguridade alimentaria en Europa. Rueda avogou por “competir en igualdade de condicións” con outros países e por que a industria do mar “sexa un pilar estratéxico á hora de garantir o subministro” como primeiros interesados en preservar os recursos.

Ademais, resaltou que a Xunta aposta por promocionar o produto das rías galegas, fresco e conxelado, para chegar a máis consumidores, facendo especial incidencia na poboación máis nova.

Imaxes relacionadas