Nova

O CIMA de Corón recibe a visita dunha delegación de Corea do Sur vencellada ao sector pesqueiro e acuícola

1 de 1

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 9 de outubro de 2026

As instalacións do Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA) de Corón, acolleron a visita dunha delegación de vinte profesionais procedentes da República de Corea integrada por pescadores, empresarios da acuicultura e persoal da administración pública do país asiático, desprazados a Galicia con motivo da celebración da 27ª edición da Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados (Conxemar) en Vigo. Durante o percorrido polas dependencias deste centro adscrito á Consellería do Mar, os integrantes da comitiva interesáronse polas liñas de traballo científico e innovación aplicada que se desenvolven nas instalacións para favorecer a xestión sostible e a conservación dos recursos mariños das rías galegas.

A xuntanza permitiu un intercambio de experiencias sobre os proxectos dirixidos á mellora dos cultivos mariños, o seguimento ambiental e a transferencia de coñecemento tecnolóxico ao sector produtivo. Os membros da delegación coreana afondaron nos modelos de mantemento dos hábitats costeiros e nos protocolos científicos aplicados ao ámbito marítimo-pesqueiro en Galicia, abordando o papel que desempeñan a investigación e a innovación aplicada na preservación dos ecosistemas e na viabilidade das actividades tradicionais do litoral.

Imaxes relacionadas