Nova

Villaverde reuniuse con dirixentes da UXT en Galicia para falar de asuntos relativos ao sector marítimo-portuario

1 de 2
2 de 2

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo esta mañá unha reunión co secretario xeral de FeSMC-UXT Galicia, Lalo Romero, e co responsable do sector marítimo-portuario desta organización sindical, Carlos Tubío.

No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.

Imaxes relacionadas