Nova
Villaverde reúnese coa nova directora do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo para coñecer as súas liñas de traballo
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo hoxe unha reunión coa nova directora do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo, Elsa Vázquez, quen asumiu o cargo o pasado mes de outubro. Durante o encontro, celebrado en San Caetano, a responsable do centro presentou as principais liñas da súa estratexia investigadora e os proxectos nos que está a traballar a entidade.
A xuntanza, na que tamén participou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, permitiu abordar posibles vías de colaboración en ámbitos como a investigación mariña, a sustentabilidade dos recursos marisqueiros e a transferencia de coñecemento científico ao sector.