Nova

A delegada da Xunta en Ferrol recibe ao presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao

1 de 1

Ferrol, 11 de novembro de 2026

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu esta mañá no seu despacho ao presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, José Antonio Álvarez Vidal, no marco da primeira visita institucional que o presidente da entidade portuaria realiza á Delegación desde a súa toma de posesión do cargo.

Durante o encontro os responsables abordaron as principais liñas de actuación do organismo en materia de infraestruturas ferroviarias, novos proxectos empresariais e a relación porto-cidade, entre outros, coa finalidade de afondar na colaboración conxunta que permita reforzar a competitividade do porto ferrolán.

A delegada da Xunta vén mantendo de maneira habitual unha rolda de contactos cos distintos axentes vinculados ao ámbito territorial co obxectivo de coñecer de primeira man os proxectos que se están a xestar na comarca e detectar necesidades.

Imaxes relacionadas