Nova
Natalia Botana expón os retos da xestión portuaria autonómica aos socios do Propeller Club Porto de Vigo
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2026
A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, participou hoxe nun almorzo informativo cos socios do Propeller Club Porto de Vigo, entidade fundada en 2024, que reúne a profesionais e empresas vinculadas ao sector marítimo portuario e loxístico para impulsar o comercio internacional vinculado ao porto vigués.
Durante a súa intervención, Botana afondou na singularidade do sistema portuario autonómico, especialmente debido á multidisciplinariedade das súas dársenas, onde conviven a actividade pesqueira e marisqueira, a comercial, a náutica de recreo e o transporte de pasaxeiros. A presidenta de Portos, que estivo acompañada polo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, apelou á importancia da coordinación interna do sistema portuario galego para unha maior competitividade exterior e enxalzou a colaboración coas autoridades portuarias para a promoción de Galicia como “porto único”.