Nova

A campaña de ‘GALICIA SABE AMAR’ chega a Cerdedo-Cotobade para enxalzar a saúde e a calidade de vida que están detrás do consumo dos produtos do mar

1 de 2
2 de 2

Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), 23 de outubro de 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou hoxe a foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR que recalou no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, onde enxalzou os produtos das rías galegas e instou a que sexan parte dunha dieta saudable e equilibrada que elevará a calidade de vida dos seus consumidores. O titular de Mar, acompañado polo alcalde da localidade, Jorge Cubela, sinalou o apoio da Xunta de Galicia á promoción dos produtos pesqueiros galegos e a por en valor as súas propiedades nutricionais e gastronómicas para incentivar o seu consumo.

Tamén destacou o éxito dunha campaña que xa chegou a máis de 270.000 persoas e que superou o milleiro de degustacións dos seus petiscos. “Isto é bo para a xente de tódalas idades”, quixo enfatizar o titular de Mar, “e faise polo ben dos mariñeiros de Galicia e tamén da xente do interior, que ten que consumir produtos da terra e produtos do mar, porque Galicia é única”, concluíu ante os veciños presentes.

Imaxes relacionadas