Política de privacidade aplicación móbil "Non Piques Non peques"

Obxecto
O presente texto ten por obxecto establecer a Política de Privacidade da aplicación móbil "Non Piques Non peques", (en diante “a aplicación") titularidade da Consellería do Mar da Xunta de Galicia con domicilio en Edificios Administrativos. San Caetano. 15781.Santiago de Compostela.

O feito de utilizar a aplicación supón a aceptación da presente Política de Privacidade.

Datos solicitados e almacenados. Uso dos datos
A APP "Non Piques Non Peques" non utiliza arquivos de registro, non almacena ningunha información do usuario e non utiliza cookies para almacenar información.

A APP "Non Piques Non Peques" so requiere permisos de internet. Este permiso utilízase para recibir e enviar información a través de internet. Desde o momento do rexistro todos os datos e información son cifrados a través dunha canle segura co fin de protexer a privacidade da información.

Acceso a programas ou software alleos á CONSELLERÍA DO MAR
Para o correcto uso da aplicación e a optimización dos seus recursos A CONSELERÍA DO MAR poderá recomendarlle que acceda a sitios Web ou soportes de terceiros ou, incluso, que descargue e configure software de terceiros sobre os que A CONSELLERÍA DO MAR non ten ningún tipo de control.

A presente Política de Privacidade non resulta de aplicación aos citados sitios Web, soportes ou software. Por elo, nese sentido, calquera actividade que o Usuario leve a cabo en relación a sitios ou produtos alleos á CONSELLERÍA DO MAR deberá rexerse polos termos, condicións, avisos legais e política de privacidade das mesmas, das que A CONSELLERÍA DO MAR non se fai responsable.

O dito no parágrafo anterior é de aplicación ás negociacións, conversacións e/ou relacións contractuais ou extracontractuais cos anunciantes ou terceiras persoas físicas ou xurídicas contactadas a través da aplicación.

Uso das direccións IP de Usuarios
O Usuario autoriza expresamente á CONSELLERÍA DO MAR a almacenar e facer uso das direccións IP dos Usuarios da aplicación a fin de analizar as tendencias, e realizar un seguimento da utilización da aplicación. Non se asocia direccións IP con información identificable persoalmente.

Modificación da Política de Privacidade
A presente Política de Privacidade poderá ser modificada, alterada e/ou substituída, en calquera momento, como consecuencia de posibles cambios lexislativos, xurisprudenciais, dos criterios seguidos pola Axencia Española de Protección de Datos e/ou a autoridade competente en cada momento ou en función das prácticas, usos e costumes do sector, así como a causa de calquera cambio decidido unilateralmente pola CONSELLERÍA DO MAR , debido ou non ás razóns anteriores, que, en calquera caso, comprométese a facilitar ao Usuario, de xeito visible, información suficiente da modificación que puidera sufrir a Política de Privacidade. A data da última actualización é o 7 de decembro de 2018.

En calquera caso, o Usuario acepta que a Política de Privacidade vixente en cada momento, a cal asume e acepta como consecuencia do uso da aplicación, tras a modificación eventualmente operada, é a que se atopa publicada en cada momento na propia Web, en todo momento accesible para o Usuario. Se utiliza a aplicación despois da actualización da Política de Privacidade, considerarase que acepta os termos e condicións da Política de Privacidade actualizada.

Comentarios ou preguntas
Se vostede ten algún comentario, solicitude, consulta, ou pregunta sobre esta Política de Privacidade o uso de calquera Información Persoal, póñase en contacto con nós a través do correo-e 012@xunta.gal.

Lei aplicable e xurisdición competente.
As cuestións relativas á aplicación réxense por las Leis vixentes en España.

A CONSELERÍA DO MAR e o Usuario sométense, con renuncia expresa a calquera outro fuero, á xurisdición dos xulgados e tribunais de Galicia.