O desenvolvemento local participativo nas zonas pesqueiras está gobernado polos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) e lévase a cabo a través de estratexias de desenvolvemento local integradas e baseadas nas zonas.
As asociacións recoñecidas como GALP permiten a integración de todas as entidades asociativas e de representación de intereses colectivos, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro, así como administracións locais e entidades públicas dependentes destas, dentro do ámbito territorial correspondente, non permitindo en ningún caso a participación de persoas físicas ou xurídicas con ánimo de lucro.
Os GALP asinaron o 9/01/2023 convenios de colaboración coa Consellería do Mar para a aplicación das EDLP. Ao abeiro das EDLP aprobadas convocanse as axudas a proxectos no procedemento PE155A.
Pode acceder a convocatoria de estas axudas en 2026 premendo sobre o seguinte texto:
As EDLP inclúen o obxectivo de Cooperación que contribúe a acadar os restantes obxectivos das estratexias. Os GALP son os beneficiarios de estas axudas a cuxa convocatoria pode acceder premendo no seguinte texto: