Industria transformadora

Conservas

Galicia é a comunidade líder na transformación e conservación de produtos procedentes do mar. É a maior produtora de conservas de peixes e mariscos de España, segundo datos de Anfaco-Cecopesca.

Conxelados

Galicia aporta máis do 50% da facturación do sector do conxelado en España e segue a ser a primeira comunidade da táboa a nivel nacional en canto ao número de empresas do sector, segundo datos de Conxemar.