Novidades

RESOLUCIÓN da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se fai pública a relación provisional de persoas adxudicatarias de prazas de residencia na Escola Oficianl Náutico Pesqueira de Ferrol conforme á Orde do 23 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para o acceso ás prazas de residencia e de comedor nos centros residenciais desta Consellería, e se convoca a oferta de prazas para o curso académico 2023/2024 -

RESOLUCIÓN pola que se autoriza a ampliación do prazo para a utilización de cordas de chicoteo nas bateas dos polígonos de cultivo do ámbito de competencia da Xefatura Territorial da Consellería do Mar na Coruña -

ORDE do 20 de xullo de 2023 pola que se amplía o crédito para os procedementos PE120A e PE120E da Orde do 19 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases e se regulan os procedementos para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e se convocan para o ano 2023 os devanditos procedementos, tramitados como expedientes anticipados de gasto (códigos de procedemento PE120A, PE120B, PE120C e PE120E) -

RESOLUCIÓN da Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo, pola que se amplía ata o 30 de setembro do 2023 o periodo de tempo establecido para a utilización de cordas de chicoteo nas bateas de todos os polígonos de cultivo da provincia de Pontevedra -

RESOLUCIÓN da Dirección Xeral de Función Pública de nomeamento de persoal interino para a cobertura do posto de PROFESOR/A NUMERARIO/A- ESPECIALIDADE PROCESOS SANITARIOS, PEC994030136560013, do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo -

RESOLUCIÓN da Dirección Xeral de Función Pública de nomeamento de persoal interino para a cobertura do posto de PROFESOR/A NUMERARIO/A- ESPECIALIDADE PESCA MARÍTIMA, PEC994030115720001, da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira -

ORDE do 30 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, de carácter compensatorio aos acuicultores pola suspensión temporal da colleita de moluscos cultivados durante o ano 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 % (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PE205K) -

REQUERIMENTO da Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo de emenda de documentación en varias solicitudes presentadas no proceso selectivo de acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé da confraría de Lourizán -

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2023 pola que se establece un período de veda na ría de Vigo para a captura do choco -

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2023 pola que se establece un período de veda na ría de Pontevedra para a captura do choco -